28 sep 2013 . Actualizado a las 07:00 h.
O cineclub A Calexa e a produtora monfortina Amanita Films organizarán o xoves próximo unha proxección pública para estrear Deil, a última curtametraxe producida por esta firma. A sesión comezará ás nove da noite na sala tres dos multicines Hollywood.
O filme foi rodado en outubro do ano pasado na parroquia soberina de Vilaescura e é primeira produción de Amanita Films encadrada no xénero do terror psicolóxico. A película foi dirixida polo realizador asturiano David Rodríguez e interpretada polos actores profesionais Borja Luna, Carles Moreu e Julio Vélez. Amanita Films produciu anteriormente os filmes de ficción Esliva, Un cobarde e Birthday -todos eles rodados no sur lucense- e agora prepara dous documentais.