Os veciños de Sober terán preferencia para o concerto de Carlos Núñez en Cadeiras

La Voz

LEMOS

Haberá 250 entradas a dez euros cada unha

11 mar 2014 . Actualizado a las 15:02 h.

Os veciños de Sober terán preferencia na compra de entradas para o concerto que o gaiteiro Carlos Núñez dará en Cadeiras o 12 de abril, o primeiro día da Feira do Viño de Amandi. O obxectivo é, según o alcalde Luis Fernández Guitián, que ?xa que Carlos Núñez quixo agasallarnos con este concerto íntimo, sexan os veciños de Sober os que teñan prioridade no acceso?. Ao redor de 250 personas poderán presenciar o concerto, que terá lugar no interior do santuario.

As entradas poranse á venda a un prezo de dez euros. Entre os días 24 e 31 deste mes estarán dispoñibles só para os residentes neste municipio. A partir do día 31, abrirase a venda tamén para persoas de fóra de sober. Cada entrada terá asignado un número de asento. Se queda algún pase sen vender, poderase mercar no propio santuario o día do concerto.

O Concello de Sober presentará este sábado a presentación oficial da programación do Mes do Amandi, as actividades que todos os anos organiza nas semanas previas á festa. Ese día darase a coñecer tamén o cartel anunciador esta 34 edición do certame.