Escritores e artistas participan mañá na homenaxe ao Piloto en Chantada

La Voz

LEMOS

Colocarán no cimeterio de San Fiz unha escultura en memoria de José Castro Veiga e dos demais guerrilleiros antifranquistas

14 mar 2014 . Actualizado a las 21:54 h.

Escritores, xornalistas e antigos fuxidos participarán mañá na homenaxe á guerrilla antifranquista ao pé da tumba de José Castro Veiga, O Piloto, no cimeterio chantadino de San Fiz. O derradeiro maquis está soterrado nesta parroquia ribeirá de Chantada, non lonxe da zona na que foi tiroteado mortalmente pola Guardia Civil o 10 de marzo de 1965. O acto empezará ás doce do mediodía coa colocación dunha escultura, obra do lucense Louís Loureira, no cemiterio de San Fiz.

Según os organizadores, entre as persoas que teñen pensado asistir a este acto están Xesús Alonso Montero, profesor, escritor e presidente da Real Academia Galega. De feito, el será quen peche a homenaxe, centrada na figura do Piloto no 49 aniversario da súa morte, adicada por extensión a toda a guerrilla que se enfrontou coas armas á ditadura de Franco, especialmente nos seus primeiros anos. Neste acto tamén intervirán o exguerrilleiro Camilo de Dios, Xosé Figueroa, Dositeo Moure, Xosé Lois García, María Fariña, Fernández Abella, Xesús Redondo Abuín, Uxío Diéguez, Carmen García-Rodejo, e os músicos Mini e Mero