A Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, e o tesoureiro e o vogal da Asociación Mercenarios Galaicos, Ricardo Vilariño e Julio Montero, presentaron a primeira moeda castrexa do Arde Lvcvs. Na presentación, a edila deulles os parabéns polo traballo que realizan, tanto Mercenarios Galaicos como todas as asociacións que representan ao pobo castrexo.
Pola súa parte, Ricardo Fernández agradeceulle ao Concello de Lugo a implicación e axuda para sacar a primeira moeda castrexa, que está rexistrada no Museo Arqueolóxico Nacional e é totalmente celtibérica, con data do século II e III antes de Cristo, momento no que se produciron as Guerras Púnicas e houbo unha grande acuñación de moedas, pola necesidade de pagar os mercenarios e o avituallamento do exército de Anibal. Trátase dun sequel prateado, que no seu anverso ten a deusa Tanit, moi significativa na mitoloxía dos cartaxineses. Haberá cinco mil exemplares.Para calquera outra información poden dirixirse á asociación a través do enderezo electrónico mercenariosgalaicos@gmail.com.