Instrumentistas no instituto Río Cabe

La Voz

LEMOS

01 ene 2018 . Actualizado a las 20:05 h.

O instituto Río Cabe, de Monforte, conmemorou a semana pasada o día internacional dos músicos. As actividades protagonizáronas estudantes do centro que ademais son músicos, con actuacións na entrada do instituto. Tocaron as violinistas Uxía Castro e Andrea Ferreiros, os pianistas Fernando Díaz, Celia Pérez e sara Losada, a frautista Marta Soares e o cantante e tamén pianista Lucas López.