Unha ourensá de 15 anos, autora do cartel da próxima Feira do Viño de Amandi

Francisco Albo
Francisco Albo MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

Rocío Rodicio González, autora do cartel escollido para anunciar a Feira do Viño de Amandi, xa conta con varios premios artísticos
Rocío Rodicio González, autora do cartel escollido para anunciar a Feira do Viño de Amandi, xa conta con varios premios artísticos CEDIDA

A nova edición do festexo celebrarase entre o 9 e o 10 de abril

05 mar 2022 . Actualizado a las 19:51 h.

Unha ourensá de 15 anos de idade, Rocío Rodicio González, é a autora do traballo gañador do concurso convocado polo Concello de Sober para anunciar a próxima edición da Feira do Viño de Amandi, que se celebrará entre o 9 e o 10 de abril. A galardoada recibirá un premio de seiscentos euros, xa foi premiada con anterioridade en varios certames de debuxo.

Segundo informaron os responsables municipais, a autora do cartel premiado explicou que o seu deseño «recolle a esencia da Feira do Viño de Amandi, no que se poden verse representados o río Sil, as uvas e a figura do viticultor». O traballo será dado a coñecer o próximo día 12 nun acto que se celebrará ás doce do mediodía «nun dos novos recursos turísticos con que conta o concello», sinalan por outro lado desde o goberno municipal.

Novas actividades

Co fallo do certame de carteis, o Concello de Sober iniciou por outra parte unha nova edición do programa de actividades denominado Mes do Amandi, que se desenvolve durante as semanas que preceden á feira vinícola. Dentro deste programa, hoxe pola tarde ofrécese no centro sociocultural un concerto do grupo Egeria organizado polas Xuventudes Musicais de Sober e a última hora, o pavillón deportivo do colexio público local acollerá un acto de presentación do equipo de rali Barantes Sport, co que colabora o Concello.