
López fala dos prezos dos carnés e doutras novidades que irán concretando nas vindeiras semanas. Tamén analiza como deben ser as relacións do Lemos con outros clubs da zona sur da provincia.
—Haberá incremento do prezo do carné de socio?
—Non. Mantéñense os que xa había. É dicir, o custe do carné será de 80 euros, e logo teremos un bono para dez partidos por 50 euros. E despois se un socio fai outro, entón abonarían 50 euros cada un.
—Que novidades haberá en apartados como o Merchandising?
—A idea é habilitar un local para a venda de camisetas e de outras prendas do club, no que tamén estean os trofeos que logrou o Lemos na súa historia. Xa temos unha canle de wasap para os socios, porque a transparencia será total por parte da directiva. Melloraremos o acceso ao estadio, con dúas portas: unha para socios e outra para público en xeral, que abonará dez euros por entrada. E queremos pasar polo videomarcador a publicidade. As redes sociais son presente e futuro, e o Lemos quere estar nelas.
—Como serán as relacións do Lemos co resto de clubs?
—Imos intentar retomar contactos co Monforte, e a idea é que non coincidamos xogando con Escairón e Brollón para facilitar que o público poda ver todos os partidos. Pretendemos que o resto de clubs da comarca non nos vexan como rival, senón como aliados, tal e como fan na Coruña. A idea do Lemos é axudar en todo o que poda.
—Que mensaxe envía ao socios e ao seguido do Lemos?
—Que colaboren co club, que veñan aos partidos, porque eles constitúen unha forza importante para contribuír a que o Lemos chegue á Terceira Federación.