Iria Seoane gaña o primeiro Poetry Slam de Bóveda

La Voz

BÓVEDA

Participaron sete personas que recitaron poemas orixinais seus

27 mar 2023 . Actualizado a las 20:19 h.

Bóveda celebrou esta fin de semana o primeiro Poetry Slam, unha competición lírica que consiste en recitais de poesías orixinais. Sete persoas participaron nesta proba, que se realizou no Centro Sociocultural municipal.

Ao final da competición, os xuíces anunciaron os gañadores do Bóveda Slam Poetry: Iria Seoane, que levou a cunca de ouro; Noa Moreira, coa cunca de prata e Jonatan Jorje Guille, coa cunca de bronce.

O organizador, Xosé Casar, destacou o gran nivel dos competidores e explicou que haberá cinco encontros denominados «combates». O primeiro foi o realizado este sábado e os seguintes serán en maio, xuño, setembro e outubro. En novembro haberá unha final na que participarán os gañadores de cada combate e os segundos clasificados de cada temporada. A actividade está organizada en colaboración co Concello de Bóveda.

A organización e o Concello parabenizan a tódolos gañadores e agradecen a participación de todos os participantes na competición.