![Un grupo de asistentes á festa de entroido celebrada o ano pasado na praza da Filgueira de Bóveda](https://img.lavdg.com/sc/5Shz2Ps6MzUliSNGcNHII5bgjzw=/480x/2024/01/25/00121706181121455892960/Foto/M20F3055.jpg)
Será o próximo 10 de febreiro na praza da Filgueira, ou no pavillón municipal se as condicións meteorolóxicas non son favorables
06 feb 2024 . Actualizado a las 18:58 h.A praza da Filgueira de Bóveda acollerá o próximo 10 de febreiro unha festa de entroido organizada polo Concello que comprenderá un xantar popular a partir das 14.00 horas. Neste lugar instalarase unha carpa provista de calefacción na que haberá animación musical, xogos inchables e colchonetas para os nenos. Se as condicións meteorolóxicas non se mostran favorable, o festexo celebrarase no pavillón municipal.
Para os adultos haberá un menú a base de cocido e para os nenos, pizza. As entradadas poden adquirirse por adiantado nos establecementos comerciais Día, Claudio, Ferretería, Carnicería Salgueiriña, Piensos Rivera —na capital municipal—, Pili, Estanco, Restaurante Paco e farmacia, na localidade de Rubián. Os orgaizadores animan aos asistentes a que acudan disfrazados ao festexo.