Carballedo baila coa cuarta Foliada da Chan

CARBALLEDO

Presentación da cuarta Foliada da Chan
Presentación da cuarta Foliada da Chan CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE

É  «un exemplo perfecto de como a música tradicional pode unir á comunidade e crear espazos de convivencia que enriquecen a vida social do noso concello», destacou o alcalde

06 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A partires das 20.00 horas, o Centro Cultural Antón Fraguas, na Chan (Carballedo), no Concello de Cerdedo-Cotobade, desenvolverase a cuarta a Foliada da Chan, iniciativa, concibida como unha actividade aberta, dedicada á música tradicional galega que pretende favorecer o encontro entre músicos, veciños e veciñas nun ambiente festivo e comunitario.

A programación, desenvolvida pola Asociación Cultural Os Afoutes do Canón de Pau, pretende ser unha foliada aberta, polo que a organización anima aos asistentes a acudir cos seus propios instrumentos para compartir música e participación. É, en palabras do alcalde Jorge Cubela, «un exemplo perfecto de como a música tradicional pode unir á comunidade e crear espazos de convivencia que enriquecen a vida social do noso concello».

De igual xeito, e ao longo da celebración, ofrecerase unha chocolatada e petiscos.