
O programa organizado polo Concello para o primeiro semestre do ano abrirase o 30 de xaneiro
23 ene 2025 . Actualizado a las 17:09 h.O 30 de xaneiro comezará un novo ciclo teatral organizado polo Concello de Monforte, formado por un total de oito espectáculos que se ofrecerán ata o 15 de maio. O alcalde, José Tomé, animou aos veciños a asistir a estas representacións, sinalando que dúas delas estarán dirixidas ao público infantil e familiar. O ciclo é organizado pola concellería de Cultura, Ensino e Xuventude en colaboración coa Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Todas as obras representaranse no auditorio do edificio multiusos. As pezas dirixidas ao público adulto ofreceranse ás 20.15 horas e as de público infantil, ás 18.00 horas. O prezo xeral das entradas será de cinco euros, que se reducirá a tres euros para os nenos, estudantes, desempregados e xubilados. A continuación detállanse as funcións incluídas neste programa:
30 de xaneiro. O grupo Teatro de de Ningures abrirá o ciclo coa representación da obra As gardiás, do autor francés Násser Djemaï.
13 de febreiro. A segunda función do programa correrá a cargo da compañía De Ste Xeito, que escenificará a peza Neura.
13 de marzo. Para esta xornada está prevista unha actuación do grupo Culturactiva, que representará a obra As alumnas.
16 de marzo. A compañía Magín Blanco porá en escena obra A nena e o grilo camiño das cores, dirixida ao público infantil.
27 de marzo. O grupo Galeatro Producións Escénicas representará a obra Arte sen guión.
10 de abril. A compañía Berrobambán representará a peza Mulleres que viven soas.
11 de maio. O segundo e último espectáculo do ciclo dirixido ao público infantil e familiar será Os contos de Lobicán, do grupo Redrum Teatro.
15 de maio. O Centro Dramático Galego pechará o ciclo coa representación da obra Manuela Rey is in da house, orixinal de Fran Núñez.