O Incio acolle a cuarta edición do Tremeterra, o festival de música reggae e dub

La Voz MONFORTE / LA VOZ

O INCIO

O alcalde do Incio e os organizadores, no recinto do festival
O alcalde do Incio e os organizadores, no recinto do festival CEDIDA

Celébrase este venres e sábado en Vilasouto coa colaboración do concello, e combina actuacións en vivo con obradoiros e debates.

29 ago 2025 . Actualizado a las 16:22 h.

O Incio volve ser estes días un lugar no que gozar da cultura reggae e dub coa celebración da cuarta edición do Tremeterra, Encontro Soundsystem da Terra Brava. O festival, que comezou este venres y continuará o sábado na contorna de Vilasouto, conta coa colaboración do Concello. O alcalde, Héctor Corujo, acompañou onte á organización nos últimos preparativos previos ao comezo das actividades.

O Tremeterra preséntase máis que como un simple festival musical como un espazo de convivencia arredor da música, a cultura e a memoria comunitaria. A súa programación é unha mestura de obradoiros, debates e, como eixo central, concertos cunha ampla representación de artistas e colectivos desta escena.

As actuacións comezan esta tarde ás 16:30 horas. A xornada inaugural contará con Pirata Sound Sensistema, Bakin Black, e o dúo formado por Morgana e Nina Girassois. Xa pola noite, tomarán o relevo formaciónns como 10.000 Lions, Black Beanie Dub, Ishan Sound xunto a Rider Shafique, e Dub Mono HiFi, que pechará a madrugada ás 4:30 da mañá.

O sábado día 30, a música retomarase ás 15:30 horas con Media Lúa Soundsystem. A tarde continuará con Ital Roots, Long Fingah, Roll&Record, Alpha Pup e Ashanti Selah. As actuacións nocturnas serán máis intensas e prolongarase até o amencer do domingo, con directos de Lion's Den Soundsystem, High Nebra (acompañado de Indra Mc, Piya Zawa e Tom Spirals), Dubbing Sun, Violinbwoy e, para rematar de novo Lion's Den Soundsystem, poñendo o punto final ás 6:30 da mañá.