
Será este sábado 6 se setembro e está organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e o Concello do Incio
04 sep 2025 . Actualizado a las 19:12 h.A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e o Concello do Incio presentan este sábado un novo proxecto que une música e poesía. Chámase «Na casa delas» e consistirá nun concerto dun cuarteto vocal na igrexa de San Pedro Fiz de Hospital.
A iniciativa dálle continuidade a outra semellante pero titulado «Na Casa Deles» e ten como protagonista máis visible ao cuarteto vocal Son de Corda. Pero a proposta susténtase ademais en poemas de Marica Campo, Luz Pozo, Olalla Cociña, María Mariño, Xela Arias e Olga Novo. O cuarteto interpretará cancións con letras destas autoras.
O concerto incluirá ademais a proxección dun vídeo que recolle imaxes de visitas ás casas de cada unha desas poetas.
A actuación será ás sete da tarde deste sábado 6 de setembro. A entrada é de balde, pero a igrexa ten aforo limitado. O alcalde do Incio, Héctor Corujo, agradece a colaboración que prestou a diócese de Lugo para que se puidese celebrar este concerto.