Quiroga dedicará o día 18 unha estela conmemorativa a Uxío Novoneyra

La Voz QUIROGA / LA VOZ

QUIROGA

Uxío Novoneyra (á dereita) cun grupo de amigos nunha antiga fotografía tomada na serra do Courel
Uxío Novoneyra (á dereita) cun grupo de amigos nunha antiga fotografía tomada na serra do Courel REPRODUCCIÓN

O monumento pasará a formar parte da ruta literaria creada no municipio no 2023

08 jul 2025 . Actualizado a las 11:14 h.

O Concello de Quiroga inaugurará o próximo día 18 unha estela dedicada ao poeta Uxío Novoneyra que estará instalada diante do inmoble do antigo establecemento comercial El Derroche. Neste lugar, explican os responsables municipais, « o poeta courelao esperaba o autobús para saír destas terras cara a calquera destino». O monumento incorporarase á ruta literaria creada no 2023 e dedicada a varios escritores naturais do municipio ou vinculados con el. Tanto a creación da ruta como a instalación de esta son financiadas polo consorcio da Ribeira Sacra dentro do seu plan de sostibilidade turística.

Por outro lado, o día 18 ofrecerase ademais un percorrido guiado por esta ruta que comprenderá actuacións musicais e que se organizará en colaboración coa Fundación Legar. Será entre as 10.00 e as 14.30 horas. Para participar hai que inscribirse antes do día 17, ben na Casa de Cultura, no teléfono 982.43.51.25 ou no enderezo cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es.