O patrimonio que volve á historia

XOSÉ M. RODRÍGUEZ

RIBAS DE SIL

ANACOS | O |

02 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

SE alguén nos dixese hai uns anos que viviríamos algúns dos acontecementos e as citas históricas que se foron desenvolvendo nos últimos meses -ou anos- seguro que quedaríamos abraiados e ata chegariamos a cachondearnos desa persoa. Onte entrou en funcionamento o Parador Santo Estevo, ou para entendernos o vello mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Un luxo en plena Ribeira Sacra conseguido a base de moito esforzo, das xestións dalgún político con certa sensibilidade e dun apoio decidido das institucións para convertir aquel vello edificio abandoado en albergue para os campos de traballo internacionais -hai anos- e agora en hotel. Un caso, o do Parador Santo Estevo, que xa tivo o seu precedente no Hotel Monumento de San Clodio e no pequeno establecemento creado no Castelo de Maceda. O patrimonio ourensán volve así, pouco a pouco, a atoparse cos ourensáns tansformado en recintos monumentais convertidos en hoteles, paradores, castelos e outros centros para uso privado ou para uso público -depende dos casos-. Os vellos mosteiros e castelos cobran vida de novo e fuxen así dunha desaparición anunciada.