Xía Arias (A Fonsagrada, 1983) publicou Ortigas (Espiral Maior, 2007) considera que non hai demasiados nexos de unión entre uns e outros. Para escoller sinala aquelas obras que investigan «na relación entre o privado e o público, como está a facer María do Cebreiro». Apunta que hai unha convivencia entre «poetas, pero non ten traslado ao texto porque cada un busca polo seu lado».
Respecto de grupos anteriores, Arias ve unha diferenza considerable en canto aos referentes poéticos de xeracións anteriores á dela. Apunta que os referentes anteriores «eran maioritariamente culturais e literarios, agora os referentes teñen unha procedencia máis variada, poden ser musicais ou políticos, ou poden non ter nada que ver coa cultura, o que evidencia outra maneira de ver e inflúe no resultado da poesía».