![Entrega dos libros da biblioteca persoal de Ángel Basanta ao Concello da Pastoriza.](https://img.lavdg.com/sc/iF9p7yg8jvgGrg8qEc-lzRdjYd8=/480x/2022/12/27/00121672170423882199400/Foto/L27D2074.jpg)
![Entrega dos libros da biblioteca persoal de Ángel Basanta ao Concello da Pastoriza.](https://img.lavdg.com/sc/CsFxI2TghNB6GeHrwTE6DsOdQyE=/480x/2022/12/27/00121672170481482245280/Foto/L27D2068.jpg)
![Entrega dos libros da biblioteca persoal de Ángel Basanta ao Concello da Pastoriza.](https://img.lavdg.com/sc/WQ9bF4Hnl-49EKun2kUEw_BDPR4=/480x/2022/12/27/00121672170423172446657/Foto/L27D2081.jpg)
![Entrega dos libros da biblioteca persoal de Ángel Basanta ao Concello da Pastoriza.](https://img.lavdg.com/sc/QpC2_tmvaNjpYog1UFpiJcHpcR8=/480x/2022/12/27/00121672170422567189770/Foto/L27D2084.jpg)
![Entrega dos libros da biblioteca persoal de Ángel Basanta ao Concello da Pastoriza.](https://img.lavdg.com/sc/JVtofm9O1Hc4T2GQMwMwtRrfONI=/480x/2022/12/27/00121672170422135450869/Foto/L27D2086.jpg)
![Entrega dos libros da biblioteca persoal de Ángel Basanta ao Concello da Pastoriza.](https://img.lavdg.com/sc/igIBiA3avxm_xgiyEy_2S9TEyMg=/480x/2022/12/27/00121672170362274833630/Foto/L27D2088.jpg)
O crítico Ángel Basanta achegou a súa biblioteca persoal ao Concello
28 dic 2022 . Actualizado a las 05:00 h.A Pastoriza ten dende este martes unha ampla biblioteca. Os que a visiten se cadra se han sorprender da cantidade e variedade dos libros que a compoñen, uns dez milleiros de volumes, algo que se debe á xenerosidade fun fillo desas terras. O crítico literario Ángel Basanta acordou doar a súa biblioteca persoal ao Concello, que a instalou no edificio da Casa da Cultura.
A biblioteca leva o nome de Ángel Basanta como recoñecemento a ese comportamento seu. O acto de inauguración oficial tivo lugar no mediodía deste martes. Primeiro, nun salón de actos da Casa da Cultura ateigado de xente, houbo un acto con varias intervencións e con asistencia de xente da cultura vencellada con Basanta: entre elas, Víctor Freixanes, escritor e presidente da Real Academia Galega. Entre os que falaron nese acto estivo tamén o alcalde pastoricense, Primitivo Iglesias, que antes de entrar na política foi profesor e membro do grupo que elaborou o Dicionario Xerais da Lingua.
Basanta e os asistentes ao acto acudiron despois, no mesmo edificio, á nova biblioteca. A doazón de Basanta, natural da parroquia de Crecente e residente en Madrid, inclúe obras relacionadas con figuras da literatura española contemporánea coma Pío Baroja, Valle-Inclán ou Álvaro Cunqueiro.