As Nogais celebra a 50 edición do seu magosto popular este sábado

P. A. LUGO / LA VOZ

AS NOGAIS

Imaxe de arquivo da vila de As Nogais
Imaxe de arquivo da vila de As Nogais OSCAR CELA

O municipio acollerá a partir das 18.30 horas unha das súas citas máis arraigadas, na que as castañas, o chourizo e os liscos son os protagonistas

27 oct 2025 . Actualizado a las 21:07 h.

No concello de As Nogais son de tradicións, e así o demostran coa celebración do seu magosto popular, que chega este ano á súa 50 edición. Este sábado 1 de novembro, na praza da vila, terá lugar unha xuntanza coa comida como protagonista.

O evento, no que colabora a Xunta, dará comezo a partir das 18.30 da tarde. Haberá degustación gratuíta de castañas, cachola, chourizo, panceta e pan de As Nogais. Ademais, a xornada rematará con música e baile a cargo dun grupo musical.