A Deputación mellorou en Baralla con 600.000 euros servizos públicos como a área recreativa do río Neira

La Voz

BARALLA

O investimento permitiu a creación de novos postos de traballo

21 dic 2017 . Actualizado a las 11:37 h.

O Goberno da Deputación investiu en Baralla no último ano e medio 600.000 euros, que repercutiron na mellora da calidade de vida dos preto de 2.700 veciños do Concello. Foron investimentos para xerar emprego de calidade, atender ás persoas maiores do municipio e con necesidades especiais, mellorar as infraestruturas públicas, e fomentar o deporte e a cultura entre os veciños da localidade. Destacan as obras levadas a cabo nas instalacións deportivas e de recreo na área fluvial do Río Neira, así como a mellora de vías e acondicionamento de accesos en O Reguengo, Arroxo, Lexo, Vilares, Pol, Piñeira ou Aranza.

Sobre a xeración de emprego, este Concello beneficiouse dun investimento de máis de 133.000 euros dentro do plan de emprego da Deputación nos Concellos da provincia (DEPUEMPREGO). Con cargo a este programa, Baralla mellorou as prestacións públicas municipais a través da contratación, por exemplo, de 3 peóns. A isto hai que engadir o BEN EMPREGADO, o programa mediante o cal a Deputación asume os gastos da contratación de lucenses desempregados en empresas da provincia, en concreto, 4 persoas comezaron a traballar en negocios de Baralla grazas a este plan de emprego.

Servizos Sociais. O Goberno da Deputación atende a 19 maiores de Baralla a través do servizo de Teleasistencia gratuíta e o Servizo de Axuda no Fogar, financiando con 55.300 euros estes dous programas.

Mellora de infraestruturas. Os veciños de Baralla gozan dunha renovada área recreativa na área fluvial do Río Neira, que financiou o Goberno da Deputación. Ademais, mellorouse o viario municipal en Espiña (Pacios), Mocha-Quimarei; Barralla-Vilarpunteiro; Os Mazos e Vilanova, entre outros núcleos. Todo isto, grazas a unha achega da Deputación de 390.000 euros para a mellora de infraestruturas públicas.

Cultura e Deporte. O Goberno investiu máis de 7.000 euros para promover a cultura e o deporte neste municipio. Así, leváronse a cabo xornadas de animación infantil, xunto con talleres de entretemento, campamentos de verán e diferentes actividades deportivas.