Friol acollerá a última fin de semana de maio o Campionato de España de Ciclismo Paralímpico en estrada

La Voz LUGO

FRIOL

O Campionato presentouse fronte ó Concello de Friol
O Campionato presentouse fronte ó Concello de Friol cedida

O evento comprenderá probas para triciclos, bicicletas, handbikes, tándems e persoas xordas

14 may 2025 . Actualizado a las 17:48 h.

O Concello de Friol será escenario da nova edición do Campionato de España de Ciclismo Paralímpico en estrada. A localidade lucense acolle dende o venres 23 de maio ao domingo 25 «un dos grandes eventos do noso ciclismo», un campionato que «contará coas principais figuras nacionais das distintas clases», sostivo o ente municipal na presentación do evento. 

Friol acollerá en apenas dez días «unha cita ineludible» na que volverán a estar presentes os mellores deportistas nacionais, algúns deles habituais nos podios das principais competicións internacionais.

Organizado polo Club Ciclista Lucus Augusti e a Real Federación Española de Ciclismo, e co apoio da Xunta, o campionato comprenderá probas para triciclos, bicicletas, handbikes, tándems e persoas xordas.

O concello, finalmente, agradeceulle á Federación de ciclismo e á Xunta «que se decantaran por Friol para que fora sede de un dos campeonatos de ciclismo máis importante de España».