Varios actos servirán de homenaxe ao escritor nos 25 anos do seu pasamento
01 oct 2015 . Actualizado a las 17:45 h.Guitiriz dedica mañá unha nova homenaxe a Xosé María Díaz Castro. Ao cumprírense 25 anos do seu pasamento, varias asociacións programaron unha serie de actos, que comezan (cemiterio,seis da tarde) cunha ofrenda floral e coa lectura de poemas seus. Logo, nos Vilares, a súa parroquia natal, inaugúrase (igrexa, oito da tarde) a exposición «Nimbos de luz», que percorre en paneis a súa vida. A mostra pemamecía instalada en Guitiriz tras terse levado a distintos lugares de Galicia. Na inauguración intervirá a alcaldesa, Regina Polín.
A xornada péchase, tras a inauguración da mostra, cun recital poético que ofrecerá o grupo de Nova Poesía Guitirica.
Os actos de mañá dan continuidade aos que se desenvolveron ao longo do ano pasado, no que o centenario do nacemento de Díaz Castro coincidiu ademais co protagonismo no Día das Letras Galegas.