A tradición da malla, colofón final da Romaría Labrega da Chaira en Guitiriz

La Voz LUGO

GUITIRIZ

A primeira hora da mañá tivo lugar a recepción de vehículos antigos como parte do programa da cita organizada pola asociación de veciños dos Vilares 

10 ago 2025 . Actualizado a las 18:47 h.

A parroquia dos Vilares, en Guitiriz, despídese este domingo dunha nova edición da Romaría Labrega da Chaira, organizada pola asociación de veciños dos Vilares e que este ano chegou a súa trixésimo terceira convocatoria. Despois dunha xornada inicial protagonizada pola ruta cabalar, a carreira popular e as carreiras ecuestres na tarde dos sábados, este domingo os aficionados do motor viviron o seu día grande.

Dende primeira hora da mañá tivo lugar a recepción de vehículos antigos para dar paso a unha ruta que fixo parada no museo de Pepe de Pígara con posterior concentración dos vehículos na carballeira do Cancelo. Ao longo da xornada pode visitarse a mostra de artesanía e ofrecéronse exhibicións de cantería.

Os da Nogueira foron os encargados de amenizar a sesión vermú, que deu paso a un xantar conxunto como previa á malla, un dos pratos fortes do programa de cada ano co que pretenden poñer en valor e homenaxear os traballos no campo e a vida no rural. Peter Punk protagonizou a romaría pequena e os máis cativos tamén teñen o seu espazo coa festa da espuma. Pola tarde tamén tivo lugar unha exhibición de agility da man do centro canino Canedupo e a cita rematará cunha liscada popular e a actuación de Bloquinho de Xermolos.