? Museo de Belas Artes da Coruña, dependente de Cultura, presentou a primeira biografía sobre o pintor lucense Tino Grandío (1926-1977). A publicación, editada na colección A nosa memoria , foi realizada por Jorge Gómez, quen sinalou que con anterioridade só había críticas e reseñas en catálogos do artista nado en Lousada (Guntín). O libro segue unha estrutura cronolóxica e parte do «despertar artístico» de Grandío sendo neno, ante as «reticencias» dos seus pais á beca concedida en 1949 pola Deputación, que o levou a Madrid a entrar nas vangardas. Gómez sinalou que foi neste momento cando o artista lucense transformou o seu costumismo nunha linguaxe máis abstracta, para logo pasar ao camiño da figuración. «Captou desde a distancia a esencia de Galicia, as súas paisaxes, con toda esa tonalidade de grises que o caracterizou e lle fixo pintar coas brumas», dixo Gómez.