DESDE EL ADARVE | O |
27 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.UN ANO máis vemos á edila de Cultura do Concello de Lugo presentar as actuacións do próximo San Froilán. Sempre son nomes chamativos, aínda que non primeiras figuras da música. Podemos dicir que temos un nivel medio de concertos excelente, pero quizais botamos de menos aos grandes nomes (a excepción foi Carlinhos Brown). Pero esta situación non é culpa do Concello. Administra uns cartos e con eles consegue o que pode. Non somos Madrid, nin Barcelona, nin Valencia. Aquí pode vir o que se pode contratar. Se vemos o cartel das festas de Santiago, tampouco supera ás de Lugo, e incluso hai que pagar nalgúns concertos. Esto é o que hai, ¿ou non? Son dos que creo que se pode conseguir máis. Non se ten por que renunciar a traer aos mellores grupos ou solistas do mercado nacional e internacional. ¿Como se pode conseguir? Pois quizais neste sentido terían algo que dicir os bares, cafeterías, restaurantes, pubs e demais, que durante as festas conseguen facer o agosto. ¿Pode ser que unha parte deses beneficios se puideran destinar ao patrocinio dalgunha figura? Digo eu.