-Aínda que me advertiu que só falaríamos do acontecemento do día, perdóeme, pero teño que dicirlle unha cousa: Lugo ten un potencial extraordinario para ser unha cidade bici, pero case non hai carrís para ciclistas
-Lugo ten moito potencial e capacidade de crecemento. Foise dando preferencia a outras cuestións e a implantación do carril bici vai emparellada á cuestión económica, non só á vontade. Nos últimos anos investiuse na potenciación da zona histórica e a súa posta en valor. Fíxose un grande traballo polo anterior goberno. Agora, nos proxectos que traballamos, contemplamos esas actuacións. Queremos humanizar a avenida Infanta Helena cun carril bici. Tamén no Dusi (programa para acercar o río a cidade) contemplamos outras zonas de bicicletas. Temos que buscar recursos para implantar o carril bici. Se somos capaces de facelo en Infanta Elena, teremos que buscar a unión co casco histórico e seguir enlazando as distintas actuacións que fagamos para darlles continuidade. Non se trata de facer algo illado. Estamos concienciados e queremos ir a ese modelo de cidade, pero non é tan sinxelo como quixeramos.