A poesía, por enriba das siglas

MEIRA

PALACIOS

O alcalde de Meira (PSOE) e o  de Riotorto (PP) apoian a candidatura de Avelino Díaz para o Día das Letras Galegas do 2019

01 jun 2018 . Actualizado a las 14:01 h.

A poesía non ten por que entender de siglas. O alcalde de Meira, Antonio de Dios, e o de Riotorto Clemente Iglesias, participaron esta mañá, na Casa do Concello meirego, na presentación da candidatura de Avelino Díaz para o Día das Letras Galegas do vindeiro ano. Ambos os dous recoñeceron a súa satisfacción por participar no acto, e Iglesias tamén recoñeceu que a elección de Díaz como protagonista do vindeiro 17 de maio sería unha boa axuda para promocionar máis a zona.

O presidente da Asociación Cultural Avelino Díaz, Francisco Veiga, subliñou que a solicitude estaba apoiada por 2.421 sinaturas: non todas, pero si unha boa parte, son de veciños dos dosu concellos, que en xaneiro deste ano tiña 2.966 habitantes, o que amosa o apoio acadado. Por outra banda, salientou que se a Real Academia Galega atendese esa demanda, dispoñeríase de máis medios para rescatar a obra de Díaz que está hoxe perdida.

Avelino Díaz naceu na Órrea (Riotorto) en 1897; pasou parte da nenez en Meira, emigrou a América sendo rapaz, volveu á terra de orixe e de novo marchou a América; en Bos Aires, onde está enterrado, faleceu en 1971.