Moi vinculado a Bergantiños durante a súa etapa como docente, recibiu un dos recoñecementos entregados durante a mostra cultural Son D'aldea
10 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A mostra cultural Son D'Aldea, celebrada en Palas de Rei coa participación de seiscentas persoas, contou con presenza bergantiñá.
Nun entorno privilexiado como é a Carballeira da Graña leváronse a cabo unha ducia de escenificacións teatrais e fíxose entrega de varios galardóns, un dos cales, o Careón, foi a parar a Xosé Luís Otero Cebral. O presentador do acto salientou o «labor cultural» que Cebral realizou en Bergantiños durante a súa etapa de mestre en lugares como Carballo, Cabana, Laxe, Coristanco ou Buño. Tamén ten publicado nestas páxinas e formou parte da Asociación Fill@s de Cabana.
No acto, no que unhas 140 persoas eran actores, e o resto, aficionados á dramaturxia, estivo como convidado Xosé María Lema Suárez.