![Os premiados gastaron mil euros nunha hora no comercio de Sarria](https://img.lavdg.com/sc/A7mUPp7mOnBUloCfOLbrx85Vh_8=/480x/2022/08/06/00121659802382656393163/Foto/L06G2120.jpg)
Cristina Muñoz foi a clienta premiada pola campaña 60x1.000
06 ago 2022 . Actualizado a las 18:17 h.Unha hora para gastar mil euros. Ese era o premio co que trinta establecementos da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria pechaban a campaña 60x1.000 que premiaba realizar as compras nos establecementos adheridos. A gañadora do sorteo foi Cristina Muñoz Rodríguez, que delegou na súa nai Julia e no seu cuñado Albert a responsabilidade de mercar contrarreloxo nos comercios sarrianos. Para facilitarlles a tarefa, a ACES puxo á súa disposición un coche antigo. O resultado foi que Julia e Albert gastaron os 998,01 euros en case 57 minutos, sobrándolles por tanto tres minutos sobre o tope establecido.
Julia e Albert mercaron en dez dos trinta comercios adheridos. En primeiro lugar dirixíronse a zapatería Calzados Gayoso, onde mercaron dous pares de zapatillas deportivas. O segundo establecemento elexido foi Electronova, onde se fixeron cunha televisión e unha batidora. Posteriormente visitaron Los sueños de Uxía, onde mercaron dúas almofadas e unha botella para a nena da familia, e aproveitaron para pasar pola mercería Lucía para mercar un bañador.
Non faltou a parada no comercio que lles deu a sorte, a Brissa Salón, onde mercaron varios tratamentos estéticos. Tras unha nova viaxe, chegaron ata Moncho Moda, onde ás carreiras mercaron un polo e unhas chanclas; e continuaron pola Óptica Malecón, onde mercaron unhas gafas de sol. Era o momento de mercar algo para o máis pequeno da familia, para o que se desplazaron ata a Juguetería y puericultura 1, 2, 3…escondite inglés, onde mercaron dous agasallos. Acudiron logo á zapatería Cris Abad para coller unhas zapatillas e deixaron para o final a Senayo onde levaron unha prenda de roupa.