Os textos da exposición están redactados en galego, castelán e inglés, xa que está dirixida especialmente aos peregrinos
05 feb 2020 . Actualizado a las 21:22 h.A mostra itinerante O Fin do Camiño, organizada polo Colectivo Egeria, quedou inaugurada en Triacastela. Conta co patrocinio da Xunta e no acto participaron a alcaldesa do municipio, Olga Iglesias e o presidente da entidade, Xulio Xiz.
Os textos da exposición están redactados en galego, castelán e inglés, xa que está dirixida especialmente aos peregrinos. A programación inclúe numerosos puntos dos Camiños de Santiago e as fotografías son de Eduardo Ochoa e Carlos Puga, que se centran en aspectos humanos e monumentais. Os textos abordan o tema do fin do Camiño como expresión dos sentimentos que moven ao peregrino a ir cara a Compostela.