CREADOR DE FUTURO

La Voz

OPINIÓN

XOSÉ LUÍS VILELA

27 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Salvador de Lorenzana deixa mañá a presidencia da Academia e accede á xubilación. Non sen tempo: con 88 anos de idade e 70 en activo. Vaise sen coche oficial (nin sequera ten un propio) nin fortuna personal. Pero o inventor do Día das Letras Galegas ten un premio que poucos poden alcanzar. O dereito a quedar na historia de Galicia. Desde hoxe, Francisco Fernández del Riego é xa un dos grandes galeguistas. Un dos grandes mestres que nos aprenderon a entender e amar a nosa cultura como parte da riqueza universal. Un precursor. E tamén un innovador.