TUCHO CALVO
27 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.Cando nun espacio coma este non é posible falar da obra dunha persoa porque, sinxelamente, non habería sitio nin para enumerala, xa se ve que o eloxio non poderá ser xusto. Iso acontece ó referírmonos a Francisco Fernández del Riego, que se non fixera xa pouco pola nosa cultura ó longo de toda a súa vida, remata agora unha xeira á fronte da Real Academia Galega que mudou a faciana da institución. A tacha final co acordo normativo rexeitado non se pode poñer no seu debe, porque se por algo se caracterizou o seu mandato foi pola integración e o diálogo.