PNV-PSOE

La Voz

OPINIÓN

MANUEL REGO NIETO

11 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Rodríguez Zapatero vai polo camiño de Borrell e de Almunia. Tempo ó tempo, aínda que vaticinar en política sexa arriscado. O linchamento de Nicolás Redondo Terreros e mailo achegamento ó PNV, ten tódolos visos de que Zapatero caeu nas redes do felipismo sempre listo, aínda a costa de perder votos, de axudar ós nacionalistas a conserva-lo poder, consentindo que ese poder sexa o de manter as consellerías claves do Goberno vasco: Interior, Educación... Se o PSOE vasco alcanzou con Redondo unha das máis altas cotas nos últimos comicios, non foi precisamente por aliarse ao PP. Foi ETA quen os fixo xuntar, pois populares e socialistas eran os que puñan -e poñen- os mortos cara a soberanía, que tamén preconiza o PNV. Zapatero cambiou, como Pepe Blanco, de criterio no de arroupar a Redondo Terreros, xa que os felipistas teñen outra idea da política vasca, e dos seus intereses mediáticos en componenda con Arzalluz. Zapatero tamén deberá explicar a que foi a Marrocos, nun intre en que as relacións entre os Estados español e alauíta non pasan por moi bos momentos. Tamén o de non respaldar ó Polisario. Como o socialismo español leva uns anos dando tumbos, non sería de estrañar que a Zapatero lle estiveran facendo a cama..., como a Borrell e a Almunia.