ABURRIMENTO

La Voz

OPINIÓN

MANUEL REGO NIETO DE COTÍO

01 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

O inefable e emérito xefe do Goberno socialista Felipe González dixo en México que o congreso do PP foi «un aburrimento». Non deixa este personaxe, que conseguíu saír limpo do terrorismo de Estado, perante o seu mandato, de pontificar aquí e acolá. Engadíu González que non son prácticas democráticas o exercicio de excluír. Coido que non se refería ós seus amigos do PNV, que acaban de botar ao vello e significado persoeiro Emilio Guevara. Dende a lonxanía ideolóxica de quen esto escrebe con José María Aznar, non teño máis remedio que loubar a súa palabra de honra, cumplindo o que prometera: deixa-la xefatura do Goberno ó final do seu mandato. Moi ao contrario que González, que tardou en deixa-la Moncloa, e pretendía ensinarlle esas dependencias ao seu sucesor. Ao sevillano escócelle, logo de dicir que «a este do bigote non lle van facer caso en Europa», que estea sendo todo o contrario. Para congresos de non aburrimento, moitos do PSOE, con navalladas arreo, depuracións estalinianas, culto ao poder de González, que aínda manda entre bastidores. Isto é moito máis divertido. Que llo pregunten a Nicolás Redondo Terreros, por exemplo.