Dende o 11 de setembro de 2001, o mundo xa nunca voltou a ser o que era. Os fanatismos, de dereitas, de esquerdas, económicos, relixiosos ou raciales, amosaron unha vez máis que son un perigo para a estancia do home na Terra. Pero é que por desgracia xa esquecemos que sempre os 11 de setembro eran para lembrar a aquel que morreu por outro fanatismo, Salvador Allende, a mans dunha persoa da súa confianza: Pinochet. Xa esquecemos (ou nos fan esquecer) a tódolos que morren en réximes que atentan día tras día contra os dereitos humanos. E por certo, daquela, o golpe pinochetista foi apoiado descaradamente polo fanatismo económico de EE.UU., pero tamén os demócratas lembramos o día a día palestino, ou saharaui, ou as propostas de intervención militar en Irak, simplemente porque están en xogo as ganancias de moitas petroleiras que son as que pagan as campañas políticas en EE.UU. Xan Ramírez. Santiago.