Escapismo xeral

OPINIÓN

30 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

A GRAVIDADE do caso Prestige puxo a todos de acordo para non da-la cara, e se non fose por este xornal non teriamos unha idea aproximada do que estaba sucedendo e do que aínda nos pode chegar. Ó desconcerto xeral debemos sumar tamén o escapismo da chamada intelectualidade galega, amudecida non sei se co susto ou porque non lle pareceu lírico dabondo o espectáculo. E como todo foi irreal, para que non houbese dúbidas, diante da traxedia ergueuse unha única voz, pero en clave lírica, aludindo ás maldicións da Costa da Morte, que un non sabe onde están nin en que consisten, agás nos desleixos dunhas autoridades que tamén semellan irreais ou na irresponsabilidade escapista dos que podían falar e calaron... Pero a irrealidade máis notoria foi a das xentes da cultura, tan sensibles cando unha gran potencia abusa do seu poder e tan ausentes cando a morte e o desespero afunden a miles de veciños seus. Como se a xente da cultura fose a nosa irrealidade máis evidente.