Na hora da verdade

OPINIÓN

SOLEIRA

24 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Ó CABO, as augas volven ó rego. Os países da vella Europa, por iniciativa dos EE. UU., non o esquezamos, entran nunha política de distensión e de acougo. Cómpre recoñecerlle ó seu secretario de Estado certo valor para intentalo, e conseguilo. Parécenos un feito de moi alta significación. Porque agora vense con claridade dúas cousas: a desorde que hoxe campa no Iraq é algo tan complexo que esixe estreita e diversa colaboración de moitos países; e a reconstrucción do Estado, polas mesmas razóns, e aínda por outras máis complexas, presenta as mesmas esixencias e requirimentos. Porque destruí-lo país foi cousa rápida e doada, que puideron face-los angloamericanos; mais reconstruílo vai ser algo moi complexo, como o proba o feito do rápido cambio de responsable para a administración do país, ou as visibles dificultades do segundo nomeado, entre outros síntomas. Sen a vella Europa, pois, non vai ser posible a reconstrucción do Iraq: xa ela dixera que non había ningunha razón para destruílo.