¿Medallas devoltas?

| X. L. FRANCO GRANDE |

OPINIÓN

09 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

SINTO verdadeira curiosidade por saber cantas medallas van ser devoltas nos días que veñen. Ó menos iso debera ocorrer en circunstancias normais. Próeme estar dominado por tanta incerteza. Lembro, por exemplo, que houbo cidadans británicos que, cando se lle concedeu ós Beatles a Orde do Imperio Británico, dixeron que por esas non pasaban e devolveron a insignia. Galicia dista moito de ser un país normal. E nisto de conceder medallas a verdade é que levamos conseguido algo que é ben difícil de acadar: devalualas tanto que, de seguir polo camiño que levamos, haberá moita xente de agora en diante que non as queira ou que as devolva. Pois a algúns as medallas vanlles queimar nas mans. Cando isto suceda -e ten que suceder porque así o esixe a dignidade, e esta, como a boa fé, presúmese- a solución vai ser non telas con un e devolvelas, procurando así a paz con nós mesmos. De aí a miña curiosidade por saber cantas medallas se van devolver nestes días. Supoño que unha gran cantidade. ¿Ou serei un iluso?