23 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.
¿HAI RAZÓNS para que Zapatero vaia cambiar, para que deixe de ser un político manexado polo partido do goberno? Agora dinos que non fará fronte co PP contra Ibarretxe, sen dúbida por ter comprobado que os seus chamados pactos de Estado non o teñen beneficiado. Para crerlle tería que cambiar moitas cousas, as principais esas dúas sombras que o arrodean e que ningún abeiro lle dan. Polo que a Galicia se refire, ocorre que o partido ten algo de treboada de grilos, cun alcalde nunha cidade impartindo a eito vulgaridades políticas ou lingüísticas e outro noutra sentíndose incapaz de falar galego, o que dá unha imaxe atípica do partido. A solución é clara, pero cómpre tomar decisións. Algo que, por agora, non se ve que Zapatero saiba facer.