Dogmatismos

| X. L. FRANCO GRANDE |

OPINIÓN

06 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

É UN FEITO a escasa bagaxe cultural dos políticos de hoxe. Os derradeiros grandes políticos -Kennedy, Mac Millan ou Wilson- eran xente de certo nivel intelectual. Pero agora xa non se leva. E non lles importa, ós políticos, dicir verdadeiras babionadas. Como a señora Alberdi, que di que o seu partido se radicalizou. E iso porque se foi decidindo por unha visión de España máis ben federal, e que ela pola súa conta pensa que vai dar pe a máis nacionalismo, sen dúbida porque, como tamén pensaba Franco e pensa Aznar, o mellor é afoga-la realidade, negala e acomodala ós nosos desexos. E nin lle pasa pola cabeza que radicalismo do peor é o que, como o seu, parece esque-cerse da realidade e quixera substituíla polo seu esquema político. Que foi o que fixo Franco durante 40 anos e o que Aznar quixo e non puido. Non é que se radicalizase o partido; máis ben será que alguén se petrificou e non aprendeu a lección. O inmobilismo tamén acostuma levarnos dereitos ó dogmatismo.