Un certo respecto

| X.L. FRANCO GRANDE |

OPINIÓN

04 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Ó MENOS, teñamos respecto a quen, como Dolores Vázquez, padeceu os erros duns e doutros. E tampouco abonda, porque, ademais e entre outras cousas, hora era, e ocasión tamén, de pedirlle desculpas. Polo que semella, un ministro do reino non se pode abaixar a pedilas, porque se sentiría rebaixado. E, lonxe diso, apegado ó «sostenella y no enmendalla», que é o seu, tivo o valor de asegurar que Dolores «parecía reunir el perfil delincuencial máis verosimilmente considerado». Pois a verdade é que ese perfil foi ben mal debuxado. E pon medo pensar que alguén dos que tanto defende o señor Acebes se poña a debuxar o noso perfil delincuencial . O mal causado parece non importarlle nada ó señor Acebes. Naturalmente, non é cousa súa. Tampouco lle pareceu oportuno, e é cousa súa, agradecer a denuncia que permitiu esclarecer o caso, feito esencial que non mereceu nin a menor consideración da súa parte. Cando non se ten un certo respecto , que se dicía, ben pouco é o que queda.