Sardá

La Voz

OPINIÓN

XOSÉ CARLOS CANEIRO | O |

15 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

MENTRES as estrelas lamben con lascivia o ceo do noroeste, en España, na televisión, Xavier Sardá dicta o seu credo libertario. Mentres chove, como pétalos, Sardá clama diversión. Eu quería a Sardá. Aínda o quero porque -dixo Ezra Pound- o que amas perdura. Sen embargo nunca olvidarei, cariño, que me fixeras vomitar. Levaba tempo sen facelo. Anos, probablemente. Non imaxinaba que tal suceso acontecese. Luns. Noite. Néboa. Asomeime ao televisor. Apareceu unha individua morena que gritaba (agresiva), un rubio (agresivo) que gritaba e xesticulaba e un público que, entre alharacas, gritaba e vibraba coa gracia inexpresable dos seus -dixo Sardá, que non é Ezra Pound- «fenómenos televisivos». Eu quería a Sardá. Pero Xavier fixo da intolerancia un paradigma e da violencia, latente, un credo nocturno. Hai cousas peores: intolerantes que pasan por demócratas e violentos en misións de paz. Sen embargo, Xavier, non podo perdoar que intentes tapar todo co teu credo libertario. Soy tan libertario como tú y me repugna la morena (agresiva), el rubio (agresivo) y que instaures la memez como forma de ser y como destino. Eu quería a Sardá. Talvez aínda o quero. Es tan corto el amor y es tan largo el olvido...