Outro estilo

| X. L. FRANCO GRANDE |

OPINIÓN

03 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

NO SEU discurso de fin de ano, Maragall dixo cousas que habería que lembrar e comentar, que un non acostuma oír neste país. Por exemplo, dixo de Pujol que nestes anos «encarnou con dignidade evidente a máis alta maxistratura de Cataluña», engadindo: «Quero que saibades que é vontade miña honrar, preservar e engrandecer o legado dos meus antecesores». Sinalou tamén que hoxe Cataluña «é un país europeo normal» e que os cambios producidos por mor das eleccións non deben desconcertar e menos aínda poñer medo a ninguén, porque «non podemos decepcionar, non só ó noso pobo, senón a outros que observan o noxo proxecto, ó menos con curiosidade e a miúdo con complicidade». Dixo tamén que se propón, por unha chea de medidas que subliñou, que se chegue a un novo patriotismo baseado no «orgullo de vivir neste país, sexa pola educación, pola sanidade, pola política da vivenda e ambiental, polo respecto ós valores culturais». Un estilo, pois, a máis de douscentos anos doutros que toca padecer.