NON SE VE que o partido do Goberno, nin os demáis, nin a nosa sociedade en xeral, teñan unha idea progresista e de futuro sobre o tema. Reducir o problema a que sexa posible o matrimonio entre homosexuais non deixa de ser algo que, ó noso ver, ten pouco de progresista e ningún porvir. Parécenos máis ben que mellor fora non defender algo que está ben superado, como o matrimonio. Unha cousa é que a sociedade recorra a el, porque o impoñen diversas necesidades, e outra que o sinta como necesario ou que o viva como algo indispensable para a súa vida. Son xusto os Estados que non saben garantir as unións libremente elixidas. O ideal é que a unión libremente elixida na súa forma teña sempre o amparo do Estado e da sociedade. Isto é o que sería progresista, algo que está moi lonxe das ideas caducas dos que gobernan, e non digamos dos que pensan gobernar. As leis actuais, e tamén as que se queren promulgar, só promoven o matrimonio como principal fonte de aburrimento.