UNHA VEZ MÁIS entre moitas é visto que os EE.?UU. son expertos en destruír. Non o son en construír. Os crimes destes días en Nayaf ben o proban. Se non demostran tamén algo moito peor: que precisan acollerse a esta desfeita innecesaria e desproporcionada para xustificar dalgunha maneira os seu fracaso xeral en Iraq. Sinto estar de acordo con Alí Jamenei, de quen non podo estar máis afastado, cando di que os musulmáns non perdoarán as atrocidades das forzas americanas en Nayaf. Case seguro que nin se decatan do que están facendo, como non se decataron no seu día dos saqueos da biblioteca ou do museo de Bagdad. Un perdón que calquera pobo civilizado debera denegar, como onte se lle denegou a Hitler. Agora vese que os chamados pobos civilizados senten que Nayaf queda moi lonxe e que xa teñen esquecido o proceso de Nürenberg. E non se decatan de que, por este camiño, Nayaf pode repetirse calquera día moito máis preto de nós. ¿Haberá hoxe alguén que poña en dúbida onde está o verdadeiro perigo para a humanidade?