Machote

La Voz

OPINIÓN

XOSÉ CARLOS CANEIRO | O |

08 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

¿E PUTIN por que non demite? ¿E Occidente por que non censura? ¿E os separatistas chechenos por que non rompen a súa alma no medio do inferno? O mundo é máis canalla. Irak, Sudán, pateras... Os noticiarios son un reconto de asasinatos ou de operetas sobre a gracia dos nosos políticos: inolvidable o discurso do cómico Alfonso Guerra na romería de León. O ser humano fracasou. Ese foi o anuncio de Kafka. Pero tamén a moralina exacta dos intelectuais existencialistas. Agora o existencialismo deixou paso ao pesimismo, que tamén é unha corrente ética, literaria e estrictamente humanista. Pero non sae nos suplementos de cultura. Non ocupa espacio nas librerías. Non vende. E apenas se edita. Os editores, como os productores de Hollywood, buscan que perdan os malos e un final feliz para as películas de éxito: todos queremos ser Pretty Woman. O revés da vida real triunfa. Porque na vida real, corazón, sempre ganan os malos: o outro lado do espello. Ese que xa non pasea o camiño, como aventuraban Stendhal e os sobrios realistas franceses. Ganan os malos. E nós, felices, seguimos catalépticos contemplando a nosa opulencia. Y en el estrado, divirtiéndonos, el cómico Alfonso Guerra. ¿Qué haríamos sin ti, machote?