Máis do mesmo

OPINIÓN

16 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

TEMOS que saír da liturxia lingüística na que andamos metidos. Porque é incoherente. E a incoherencia é sempre moi mala conselleira. Trátase de facer normal o uso do galego cos profesores alumnos, entre estes e nas demais relacións sociais. Se así se fixo noutras partes, con éxito, podémolo facer aquí tamén. Niso consiste a inmersión lingüística. Os resultados, en toda Europa, foron moi positivos, pode que coa única excepción do Eire. Inmersión que, como moi ben expresou Jordi Pujol no seu día, «é a comprensión duns e outros e o refugo de calquera abuso». E subliñou aínda: «Un gran esforzo de comprensión e respecto». A liturxia na que andamos metidos é calquera cousa menos respecto, nin nada que teña que ver coa normalización. As clases non poden ser o estudio dun libro de texto. Pois teñen que ser de convivencia, de participación, de diálogo, moito máis imaxinativas e prácticas. A todos lles viría moi ben. E o máis lonxe posible das baleiras liturxias de hoxe. Pedagoxía, ao cabo. Sentido común, máis ben.