É MODA na cultura francesa de hoxe recorrer a conceptos da física como alicerces do pensamento filosófico. Son os impostores sinalados por Sokal e Bricmont, e outros, pois está acreditado o seu nulo coñecemento de física. Derrida é un deses impostores. Pero en Francia ocorre que todo o que sexa exportar cultura francesa -maiormente aos EE.?UU.- é acriticamente sacralizado. Foi sempre así. Lembrade senón a aceptación de Sartre pola máis túzara dereita gala en canto que exportador de cultura. Pero Sartre era un escritor e un pensador importante, non un impostor. Paréceme que ten toda a razón Chomsky cando escribe que na vida cultural francesa «vaise dunha absurdidade a outra -stalinismo, existencialismo, estruturalismo, Lacan, Derrida-, as unhas obscenas (o stalinismo) e outras sinxelamente infantís ou ridículas (Lacan e Derrida). O que máis admira, mentres, é a fachenda e a autosatisfacción de cada etapa». Difícil expresalo mellor.