Moi sospeitoso

OPINIÓN

20 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

O XENERAL Sattler, comandante dos marines en Iraq, dixo que as operacións en Faluya eliminaron a insurxencia e que agora, para esta, esa cidade deixara de ser o paraíso. Unha vez máis, calou o número de mortos civís: non é correcto facer esas referencias. Pola súa banda, o pasado día 18, puido coñecerse un informe secreto do exército americano no que se di que os guerrilleiros están en condicións de repoñer o seu poderío nesa cidade e en toda a rexión, e que as súas accións gañen en intensidade. Tanto que se recomenda que o exército se manteña na cidade. Nun recurso táctico ben coñecido, os guerrilleiros fuxiron antes do ataque das forzas ocupantes para seguir operando noutras partes, como está sucedendo, e así o recoñeceu un voceiro de Alawi. O que demostra que van ser moitas as dificultades para que callen os esforzos por crear un verdadeiro servizo de seguridade e por organizar as eleccións previstas para xaneiro que vén. Sen éxito nunha e noutra cousa, o fracaso dos ocupantes sería manifesto.