| O |
15 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.ESTA NOITE soñei contigo, cariño, rubísima Nicole. Esta noite, olvidándome de Camilo Sesto, coloquei a Camilo Sesto no vello tocata Pionner que decora os meus instintos. Gritaba iso de «Me he disfrazado de bufón para reírme de mí mismo». Despois, como a madalena de Proust, enrosqueime na nostalxia dun Nadal sen Prestige , sen comisións de investigación, sen Fraga declarando declarativas declaracións en torno á homosexualidade (Ai, presidente!), sen horarios, sen présa, sen ti. A madalena levoume ás comidas de empresa en medio dunha campaña institucional en contra do alcohol, co axente dando os bos días e o conductor cantando, feliz, pero miran cómo beben los peces en el río. Esta noite quitei a Camilo Sesto do Pionner e coloquei a Serrat, que é a miña íntima madalena de Proust. Dicía que son aquellas pequeñas cosas. Eu buscábaas dentro, tan dentro. En medio da néboa, da vergoña do Prestige , do absurdo da comisión 11M, de Zaplana e Zapatero como gerifaltes de antaño pregoando esta España dual e mezquina. «Me he disfrazado de bufón para reírme de mí mismo». Velaquí o noso presente: de risa. Sálvannos as comidas de empresa... e ela, rubísima, anunciando perfume de Chanel. Esta noite soñei contigo, cariño.