SEGUNDO unha sondaxe da Fundación BBVA, crentes e non crentes afástanse da doutrina da Igrexa en cuestións como a eutanasia, o aborto e as unións entre homosexuais. E, entre a xente nova, tamén crentes e non crentes pensan que a Igrexa católica ten unha postura anticuada sobre as liberdades sexuais. É lóxico que, por todo iso, sexa xusto a Igrexa a institución que menos confianza merece entre os universitarios, por detrás das multinacionais, dos gobernos, central ou autonómico, e dos medios de comunicación. Os relixiosos quedan tamén por detrás dos dirixentes políticos, dos militares, dos empresarios e dos funcionarios. É de supoñer que todo isto sábeo Woytila. Se o sabe, a un cústalle admitir que arremeta contra a Ilustración e que por riba dela poña a fe como guieiro, non a razón. Nadar contra corrente non nos dá medo; o que nós tememos é que Woytila perdese o tren, ou, o que sería peor, que o seu tren non leve a ningures. ¿Hai outra lectura da sondaxe antes dita?